QUEN SOMOS?

Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes fundouse no ano 1.988, ten un ámbito local e un carácter integrador dos empresarios, comerciantes e hostaleiros que voluntariamente soliciten a súa afiliación.

Constitúen os fins desta asociación a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos asociados; fomentando a solidariedade dos afiliados, promocionando e creando servicios comúns de natureza asistencial e organizando unha constante labor formativa e de promoción.

Na actualidade a asociación consta de 110 socios.

Có fin de dinamizar o comercio local pontés, a Asociación ven organizando dende fai anos unha serie de campañas de promoción encamiñadas á promoción das vendas, así como á necesidade de ofertar un valor engadido ós nosos clientes, como son as seguintes: Merca nas Pontes, Día do Pai, Día da Nai, San Valentín,  Black Friday.

Así como distintas actividades formativas tales como cursos formativos, talleres, networkings, ponencias, seminarios…

En COHEMPO dispoñemos de distintos convenios beneficiosos para os nosos asociados.

Buscando sempre a dinamización do pequeno comercio, favorecer as relacións, a cooperación e a creación de sinerxias entre os nosos asociados tratando de crear unha imaxe de marca, colaborando co desenvolvemento económico e social do noso municipio.