PREPÁRATE PARA A ECLIPSE CÓ COMERCIO LOCAL

COHEMPO impulsa a campaña “Prepárate para a Eclipse co Comercio Local” para dinamizar as compras nas Pontes

A iniciativa desenvolverase entre o 5 e o 12 de agosto e repartirá 1.000 gafas homologadas para a observación segura do eclipse, ademais de vales de compra para incentivar o consumo no comercio local.

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (COHEMPO) pon en marcha a campaña “Prepárate para o Eclipse co Comercio Local”, unha iniciativa de dinamización comercial que se desenvolverá entre os días 5 e 12 de agosto coincidindo coa celebración do eclipse solar previsto para o próximo 12 de agosto, un dos acontecementos astronómicos máis destacados dos últimos anos.

A campaña busca aproveitar a repercusión deste fenómeno para impulsar as compras no comercio de proximidade, premiando aos clientes que realicen as súas compras nos establecementos adheridos.

Unha campaña con premios directos

Durante os días da campaña, os clientes que realicen as súas compras poderán participar nunha divertida dinámica consistente en extraer unha bóla.

Segundo a cor obtida recibirán un dos seguintes premios:

  • ⚫ Bóla negra: unhas gafas homologadas para observar o eclipse con total seguridade.
  • 🟡 Bóla amarela: un vale de compra de 5 euros para consumir nos establecementos participantes.
  • ⚪ Bóla branca: participación no sorteo de catro vales de 50 euros para gastar nas ópticas colaboradoras.

En total repartiranse 1.000 gafas homologadas, facilitando que a veciñanza poida gozar deste acontecemento astronómico con todas as garantías de seguridade.

Comercio local e divulgación

A iniciativa conta coa colaboración das ópticas participantes, que contribuirán á difusión de recomendacións para unha observación responsable da eclipse.

Ademais, durante estes días desenvolverase unha campaña de comunicación en redes sociais e medios dixitais na que se compartirán consellos, información de interese e contidos divulgativos relacionados co eclipse solar.

Con esta acción, COHEMPO continúa apostando por campañas innovadoras que vinculan o comercio local con acontecementos de especial relevancia, xerando novas oportunidades para os negocios da vila e animando á cidadanía a mercar nas Pontes.

A campaña está organizada por COHEMPO e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de As Pontes.