BASES DO SORTEO “PETISCA NAS PONTES”

1.- ORGANIZA a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (COHEMPO) con domicilio en Mercado Municipal 2ª planta en As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España (en diante COHEMPO) ten previsto organizar un sorteo denominado “PETISCA NAS PONTES” (en diante o sorteo) que se rexerá polo previsto nas seguintes bases. A finalidade do sorteo é promocionar as opcións de reparto a domicilio e comida para levar coa que conta a hostalaría pontesa.

2.- DESVINCULACIÓN CON FACEBOOK E INSTAGRAM

Nin Facebook, nin Instagram patrocinan, avalan ou administran de modo algún esta promoción nin están asociados a ela.

O/A usuario/a desvincúlase totalmente de Facebook e Instagram e é consciente de que está a proporcionar a súa información ao COHEMPO e non a Facebook ou Instagram.

3.- ÁMBITO E DURACIÓN DO SORTEO

Este sorteo desenvolverase no territorio peninsular español, quedando excluidas as participacións que cheguen desde as illas Canarias ou Baleares.

O período de participación será entre os días 22 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2021.

COHEMPO resérvase o dereito a modificar, cancelar e/ou suspender o sorteo cando concorran causas alleas á súa vontade.

En caso de producirse unha modificación, cancelación ou suspensión do sorteo comunicarase polo mesmo medio que teña sido publicitado o sorteo.

4.- PREMIOS

Rematado o prazo de participación realizarase un sorteo para determinar as contas gañadoras de senllas cestas de produtos locais de As Pontes iguais ou similares a esta á venta en As Pontes Market:  https://www.aspontesmarket.es/productos/cesta-productos-locales-grande/  

Determinarase unha persoa gañadora en Facebook e outra en Instagram. En ambos casos, o premio é a cesta referida anteriormente.

5.- LEXITIMIDADE E REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar no sorteo e optar a premio todas aquelas persoas físicas, maiores de idade, residentes legais en España, que cumpran os requisitos detallados nestas bases e que completen todo o proceso de participación no sorteo descrito nas mesmas.

Non poderán participar no presente sorteo o persoal de COHEMPO nin as persoas que teñan intervido na realización ou organización do sorteo.

Admítese varias participacións por persoa e por rede social, e a mesma persoa pode participar en Facebook e tamén en Instagram. Ao participar a través de varias veces e nas dúas redes sociais acada máis posibilidades de ser a persoa gañadora no sorteo. Sen embargo, so poderá ser gañadora do sorteo unha vez (ou ben en Facebook ou ben en Instagram).

Se ao comprobar as identidades na vida real das persoas gañadoras se detectase que algunha ten gañado máis dunha participación (a través de distintas redes), a organización poderá decidir entre declarar deserto ese premio ou sortealo entre o resto de participantes válidos ata completar as dúas persoas premiadas que si cumpra as condicións de participación.

Igualmente, se ao comprobar a identidade na vida real da persoa gañadora se detectase que incumpre os requisitos esixidos nestas bases, esa persoa perderá o seu dereito a obter o premio e a organización poderá decidir entre declarar deserto ese premio ou sortealo entre o resto de persoas participantes que reúnan os requisitos.

En caso de facerse imposible a entrega do premio por non acadarse persoas que cumpran os requisitos, ou cuestións similares de impidan a entrega da totalidade dos premios, a organización podería declarar o premio deserto.

6.- FISCALIDADE DOS PREMIOS

Serán de aplicación todas as disposicións de carácter fiscal pertencentes aos premios do sorteo, segundo a lexislación aplicable en cada momento. Non obstante, o valor dos premios individuais non supera os 300 euros, polo que non está suxeito a ningunha retención, de conformidade coa normativa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

As persoas que resulten gañadoras deberán confirmar de xeito privado á organización os seus datos persoais (Nome, apelidos, documento de identidade e teléfono) e identificarse o día da entrega do premio, mediante a presentación do seu DNI ou NIE, pasaporte, carné de conducir tarxeta de residente, identificación similar que acredite a súa identidade. E deberán asinar, en todo caso, un xustificante da súa recepción. En caso contrario, perderían o seu dereito á recepción do premio.

O cumprimento deste requisito establecido no parágrafo anterior ten carácter obrigatorio, polo que as persoas gañadoras deben facilitar os seus datos persoais, de forma que a ausencia de calquera de ditos datos suporá a perda do dereito ao premio.

7.- MECÁNICA DO SORTEO

O feito de participar no sorteo implica que a persoa participante acepta expresa e integramente as condicións destas bases.

Para participar hai que:

  • Dispor de conta en, cando menos, unha das seguintes redes sociais: Facebook ou Instagram nas que se desenvolverá o sorteo.

En Facebook:

  • Dárlle like ao post do sorteo.
  • Ser fan da páxina de COHEMPO en Facebook.
  • Comentar no post do sorteo decindo o nome dun local da lista compartido por COHEMPO indicando cal é o teu prato favorito dese establecemento.
  • Citar nese comentario a dous amigos.
  • Compartir no perfil, de xeito público. o post do sorteo.

En Instagram:

  • Dárlle like ao post do sorteo.
  • Seguir a COHEMPO en Instagram.
  • Comentar no post do sorteo decindo o nome dun local da lista compartido por COHEMPO indicando cal é o teu prato favorito dese establecemento.
  • Citar nese comentario a dous amigos.

Tanto en Instagram como en Facebook, cada vez que se faga un comentario citando un local, un prato favorito e 2 amigos se consegue unha participación NON poidéndose repetir, local, prato ou amigos. No caso de repetirse algún destes datos, so valerá un dos comentarios como participación. É dicir, a máis comentarios válidos (non repetindo datos), máis posibilidades de gañar a cesta.

Os espazos nos que se levará a cabo o sorteo serán:

Admítese varias participacións por persoa en cada rede. Así, unha mesma persoa poderá participar a través de Instagram e/ou Facebook, contabilizándose varias participación por rede se cumple os requisitos indicados previamente. Pero so poderá ser gañadora unha vez (ou gaña en Facebook ou gaña en Instagram, nunca nas dúas redes).

Coa aceptación do premio, a persoa gañadora asume que non lle confire dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases.

8.- REGRAS DE CONDUCTA

Teranse presentes as seguintes consideracións:

  1. a) Rexeitaranse os contidos que poidan considerarse ofensivos, obscenos, non axeitados, racistas, vulgares, xenófobos, sexistas e/ou violentos, así como aqueles que atenten contra a dignidade e/ou o decoro, e os que poidan ferir sensibilidades, ser contrarios á lei, á moral e á orde pública; que sexan contrarios aos dereitos de terceiros sen o seu consentimento; que sexan contrarios ao honor e/ou a imaxe de persoas físicas ou xurídicas; que faciliten información de carácter persoal (propia ou de terceiros); que impliquen realizar unha actividade comercial, compra e venda de produtos e/ou servizos así como a súa publicidade, que non teña relación co sorteo, quedando automaticamente descualificados e fóra das bases contidos que se axusten a algún perfil dos descritos.
  2. b) COHEMPO resérvase o dereito a rexeitar a participación daqueles perfís que considere que poidan ser “fraudulentos”. Considerarase un/unha usuario/a como malicioso cando se faga patente que está levando a cabo as actividades relacionadas coa promoción dun xeito antinatural ou artificial mediante, por exemplo:
  3. O uso de bots ou sistemas automáticos que posteen en Facebook/Instagram sen control expreso do usuario.
  4. Uso de contas non lexítimas creadas para a promoción en Facebook/Instagram.
  5. Non se aceptará o sorteo de contas duplicadas ou falsas.
  6. Está terminante prohibido:
  7. Postear comentarios descualificacións sobre outras persoas participantes.
  8. Postear comentarios irrelevantes ou que poidan ser considerados spam.

O COHEMPO resérvase o dereito a decidir se os comentarios cumpren os requisitos de contido estipulados nas presentes bases e poderán cancelar a participación no sorteo de calquera usuario/a en calquera momento, sen necesidade de previo aviso e á súa elección exclusiva.

O COHEMPO non realiza ningunha labor editorial sobre os contidos xerados polas persoas participantes e non asume ningún tipo de responsabilidade asociada a estes, podendo solicitar que sexan retirados de forma inmediata en calquera momento, sen previo aviso, nin dereito a indemnización algunha en caso de incumprimento.

9.- COMUNICACIÓN Á PERSOA GAÑADORA

Cada unha das publicación que cumpran os requisitos descritos nestas bases para participar serán admitidas no sorteo e se incluirán no mesmo.

O sorteo realizarase como moi tarde, antes dunha semana desde á finalización do prazo de participación estipulado.

Unha vez realizado o sorteo, COHEMPO fará público o perfil gañador a través dunha publicación en cada unha das dúas redes nas que se pode participar.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto con COHEMPO a través dunha mensaxe privada a través da rede social coa que participaron (Facebook ou Instagram) para poder tomar nota dos seus datos e artellar a entrega do premio. O prazo para que as persoas gañadoras contacten será de 15 desde a publicación da persoa gañadora na red social na que participou no sorteo.

No caso de non poder contactar con algunha das persoas gañadoras, que estas non cumpran os requisitos recollidos nestas bases, non contacten nos prazos e canles establecidas nestas bases para identificarse como persoa gañadora, ou que rexeite o premio ou non poida acudir a recollelo no día e hora fixados por COHEMPO, a organización decidirá se declara deserto ese premio concreto ou procede a sortear os premios pendentes entre o resto das persoas participantes non gañadoras.

En ningún caso se poderá reclamar o premio con posterioridade aos prazos aquí estipulados.

As persoas gañadoras recollerán o seu premio identificándose á hora de recollelo co seu D.N.I., N.I.E., pasaporte, carné de conducir, tarxeta de residente, identificación similar que acredite a súa identidade.

É factible que as persoas gañadoras nomeen unha persoa para que acuda á recollida do premio no seu lugar, pero nese caso deberá facilitar tamén os datos da persoa que o representará, e ésta deberá identificarse no momento da recollida do premio co seu D.N.I., N.I.E., pasaporte, carné de conducir, tarxeta de residente ou identificación similar que o acredite como a persoa designada polo gañador/a do premio para actuar na súa representación. En calquera caso, a persoa que acuda a recoller o premio (sexa o gañador ou ben o seu representante), deberá asinar un documento conforme o premio lle foi entregado.

10.- ENTREGA DO PREMIO, COMUNICACIÓN E USO PÚBLICO DA IMAXE DAS PERSOAS GAÑADORAS.

O premio deberá recollerse na data, hora e lugar que sinale COHEMPO aos efectos e que comunicará ás persoas gañadoras.

Tanto cada persoa gañadora como, se fose o caso, a persoa que cada ganador teña designado como o seu representante, aproban acceder a que se lle tomen fotografías durante o acto de entrega do premio, así como a que COHEMPO empregue o seu nome e imaxe con fins publicitarios, en calquera medio e material publicitario. Así, as persoas gañadoras e quen as represente autorizan, ao participar na acción, a COHEMPO a reproducir, empregar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que estea relacionada con esta, mesmo mentres goce do premio, todo isto en calquera medio, incluído internet, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme estes bases.

11.- CONDICIÓN E INCIDENCIAS

A participación neste sorteo conleva a aceptación expresa dos/as participantes das presentes bases, quenes autorizan expresamente a divulgación dos seus nomes por parte de COHEMPO.

COHEMPO resérvase o dereito a ampliar ou aprazar o período do sorteo, así como a modificalo ou cancelalo, se concorresen circunstancias excepcionais que impedisen a súa realización, comunicando ditas circunstancias de tal maneira que se evite calquera prexuízo para os participantes. COHEMPO non será responsable dos retrasos, perdas ou deterioros por causas que non lle sexan imputables.

COHEMPO queda exonerado de toda responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento das aplicacións de Facebook ou Instagram mediante as que se participa no sorteo. Tampouco será responsable o COHEMPO en caso de mal funcionamento da rede de internet que impida o normal desenvolvemento do sorteo por causas alleas a COHEMPO.

COHEMPO queda exonerado dos fallos cuxa responsabilidade sexa do/a participante, ou dos fallos ou interrupcións do servizo que sexan debidos ao proveedor de servizos de conectividade a internet, fallos de Facebook ou Instagram, fallo de conectividade á rede eléctrica ou a calquera terceiro, que escape ao control de COHEMPO.

COHEMPO queda exonerado dos erros de seguridade que se poidan producir, aos danos que se poidan causar ao sistema informático dos/as participantes ou de terceiros/as (hardware, software) ou aos ficheiros ou documentos que se almacenen como consecuencia dun virus no ordenador do participante durante a súa participación no sorteo así como nas comunicacións posteriores en relación ao sorteo.

COHEMPO resérvase o dereito de eliminar do sorteo, por causa xustificada, a calquera usuario que defraude, altere ou inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal e regramentario deste.

COHEMPO resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do sorteo.

Así mesmo, calquera tipo de fraude detectado no sistema de participación determinará a inmediata eliminación dos participantes afectados.

12.- XURISDICCIÓN COMPETENTE

Para o coñecemento de calquera litixio que puidese plantexarse canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, COHEMPO e os participantes desta actividade sométense expresamente á xurisdición e competencia dos xulgados e tribunais de Ferrol, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidese corresponder.

COHEMPO resérvase o dereito de aplicar, interpretar e modificar estas bases e de decidir sobre os casos non previstos nelas.

13.- DEPÓSITO DE BASES

As presentes bases publicaranse na web de COHEMPO www.cohempo.es/

14.- PROTECCIÓN DE DATOS

Coa participación neste sorteo, os/as gañadores/as prestan o seu consentimento expreso para o tratamento dos seus datos persoais por parte de COHEMPO conforme ás disposicións da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), que se incluirán nun ficheiro automatizado propiedade de COHEMPO. Garántese aos participantes o dereito de acceso, rectificación e eliminación dos seus datos persoais para o que terán que dirixirse a :

Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (Cohempo)

Edificio Mercado Municipal, s/n· 15320 As Pontes

CIF: G15155641

Tlf: 981 451 153

email: cohempo@cohempo.es

Ou persoalmente nas oficinas de COHEMPO en horario de atención ao público. Nos dous casos deberá identificarse presentando unha fotocopia do D.N.I. ou calquera outro documento oficial de identificación.

Unha vez rematado este sorteo, COHEMPO conservará os datos que lle teñan facilitado as persoas participantes. Así, e en cumprimento do disposto na Lei 34/2002, de 11 de xullo de servizos da sociedade de información e de comercio electrónico, os/as participantes prestan o seu consentimento a COHEMPO para recibir comunicacións.

 

As Pontes a 22 de xaneiro de 2021.