MERCA NAS PONTES
Do 5 de decembro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025.
Poderá participar calquera persoa que realice compra ou gasto nos establecementos adscritos á campaña entre o 5 de decembro e o 6 de xaneiro.
Para participar deberán de cubrirse as tarxetas con 3 selos diferentes (dos establecementos adheridos á campaña). Para conseguir un selo será obrigatorio realizar unha compra e se selará unha única vez por compra.
O cliente poderá identificar aos establecementos participantes polo cartel anunciador da campaña, así como no listado adxunto nestas bases.
O cliente deberá cubrir as tarxetas cós seus datos persoais (nome, apelidos e teléfono) xa que estes serán os que nos axuden a contactar có gañador unha vez realizado o sorteo.




