FESTA DA TORTILLA – AS PONTES 2026
COHEMPO recupera a tradicional Festa da Tortilla Sorpresa do Rego do Muiño, unha celebración gastronómica histórica que forma parte da memoria colectiva da vila e que busca poñer en valor a transmisión interxeracional desta tradición.
Durante o evento, os establecementos hostaleiros ofrecerán pinchos de tortilla con especialidades propias, algúns con premios sorpresa.
Datas:
Días 22 e 23 de maio
Horarios:
• Venres: 19:30h – 23:00h
• Sábado: 12:00h – 15:00h e 19:30h – 23:00h
Participación:
Aberta a bares, cafeterías, restaurantes e outros locais hostaleiros do municipio de As Pontes.
Inscrición:
• Prazo: do 21 ao 27 de abril de 2026
• Establecementos asociados: gratuíto
• Non asociados: 30 €
Os locais interesados deberán cubrir o formulario de inscrición e envialo a: cohempo@cohempo.es
Máis información:
• Oficina de COHEMPO
• 694 446 724
• cohempo@cohempo.es
• Bases adxuntas




