Feira de Primavera | Mercado de Oportunidades
A Asociación de Comerciantes COHEMPO pon en marcha por primeira vez a Feira de Primavera | Mercado de Oportunidades, unha nova iniciativa pensada para dinamizar o comercio local e ofrecer aos negocios unha oportunidade única para promocionar e vender os seus produtos.
Datas do evento
A feira celebrarase os días 23 e 24 de maio.
Ubicación
O evento terá lugar na carpa situada no Colexio de Santa María.
Inscrición para comercios
O prazo de inscrición estará aberto do 20 ao 27 de abril.
Para participar, os comercios interesados deberán:
• Descargar e cubrir o formulario de inscrición dispoñible nesta páxina
• Enviar o formulario debidamente cuberto ao correo electrónico: cohempo@cohempo.es
Información adicional
Para calquera consulta ou máis información, podes contactar coa organización:
• Oficina de COHEMPO
• 694 446 724
• cohempo@cohempo.es
Os establecementos non asociados a COHEMPO tamén poden participar. Para máis información sobre condicións e inscrición, recomendámoslles que se poñan en contacto coa organización.




