CONCURSO DECORACIÓN NADAL 2024

  1. TEMÁTICA:

Decoración con temática de Nadal. Valorarase a estética e a orixinalidade. Así como unha decoración harmoniosa.

Non serán admitidas, e polo tanto non se valorarán, aquelas montaxes que poidan ferir a sensibilidade das persoas nin que sexan contrarias á Lei.

  1. PARTICIPANTES:

Poderán participar persoas de calquera idade residentes dentro do termo municipal das Pontes que acepten as bases da convocatoria. Non obstante, a solicitude terá que ser presentada por unha persoa maior de 18 anos. Unha única candidatura por persoa participante. 

  1. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN:

As solicitudes de participación (ao final das bases) serán enviadas ao correo electrónico da asociación cohempo@cohempo.es.

As solicitudes descargaranse na web da Asociación https://www.cohempo.es/ e deberán cubrirse todos os datos requiridos.

Deberanse axuntar á solicitude fotografías da decoración có fin de poder incluílas na categoría correspondente (de non ter as fotografías antes do día 17 poderán enviarse posteriormente sempre que sexa antes do día 20 de decembro ás 13:00h).

  1. PRAZO: As solicitudes terán que estar presentadas antes do día 17 de decembro ás 13:30 horas.

A valoración das decoracións por parte do xurado realizarase entre os días 20 e 30 de decembro (sempre que o tempo o permita). Notificándoo con antelación a través das redes sociais de COHEMPO.

  1. PREMIOS:

Existirán 3 categorías e 3 accésits