Campaña do Día da Nai: “Porque o mellor agasallo florece aquí”
Cohempo pon en marcha unha nova campaña especial con motivo do Día da Nai, baixo o lema “Porque o mellor agasallo florece aquí”, do venres 24 de abril ao sábado 2 de maio, co obxectivo de fomentar as compras no comercio local e reforzar o vínculo entre a cidadanía e os establecementos de proximidade.
Esta iniciativa pretende promover que os agasallos vinculados a esta data tan significativa se adquiran en establecementos locais, contribuíndo a dinamizar a economía da vila e a poñer en valor o papel do comercio como parte esencial da vida social e familiar.
Premios
As persoas participantes entrarán no sorteo de tres premios especiais, consistentes en tres sesións fotográficas profesionais para nais e fillos, que inclúen:
– 1 sesión fotográfica profesional
– 5 fotografías editadas
– 1 lámina enmarcada cunha composición fotográfica
Trátase dun agasallo que aposta pola emoción e pola creación de lembranzas familiares, reforzando a conexión entre o comercio local e os momentos importantes da vida.
Como participar no sorteo
Participar é moi sinxelo:
- Realiza unha compra en calquera establecemento asociado a Cohempo.
- Solicita e conserva o ticket de compra.
- Sube o ticket á aplicación móbil de Cohempo, no apartado da campaña Día da Nai.
- Unha vez subido, entrarás automaticamente no sorteo.
**Acción especial no Mercado Municipal das Pontes*
Como actividade complementaria e co obxectivo de xerar animación comercial no espazo público, o sábado 2 de maio pola mañá instalarase un punto de dinamización no Mercado Municipal das Pontes.
En horario de 11:30 a 14:00 (ou ata agotar existencias)
Neste espazo colocarase un carriño de madeira con flores naturais.
Todas aquelas persoas que presenten un ticket de compra realizado durante os días da campaña no comercio local recibirán unha flor cunha mensaxe especial dedicada ás nais, convertendo o acto de mercar no comercio de proximidade nun xesto emotivo asociado á celebración do Día da Nai.
A entrega realizarase o sábado pola mañá co fin de favorecer as compras do día previo á celebración e incentivar a participación.
As flores incluirán mensaxes como:
“Grazas por estar sempre, mamá”
“O teu abrazo cura todo”
“Hoxe celebramos o que fas cada día”
Obxectivos da campaña:
– Incentivar as compras no comercio local.
– Reforzar a visibilidade do comercio de proximidade e da asociación.
– Promover hábitos de consumo local e sostible.
– Xerar unha acción visible e atractiva no espazo público, contribuíndo a dinamizar o centro da vila.
– Fortalecer a conexión do comercio coa vida social e familiar da comunidade.
Organización e colaboración:
Campaña organizada pola Asociación de Comerciantes Cohempo e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello das Pontes.




