CAMPAÑA DÍA DA NAI
Desde COHEMPO poñemos en marcha unha nova edición da campaña do día da nai co fin de incentivar as vendas en lle comercio asociado.
– A campaña desenvolverase dende o 25 de abril ata o 4 de maio de 2025 (ambos incluídos)
Para participar na campaña os clientes deberán de realizar unha compra superior a 20€ (ou suma por este importe), nos establecementos asociados a COHEMPO e entregar no propio establecemento os tickets co seu nome e apelido e un teléfono de contacto.
PREMIOS:
- 𝐒𝐨𝐫𝐭𝐞𝐨 𝐑𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬
– Unha praza no noso 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐜𝐞𝐫á𝐦𝐢𝐜𝐚 con @labarroteka
– Un vale de 50€
O 𝐒𝐨𝐫𝐭𝐞𝐨 finaliza o DOMINGO 4 de maio ás 23:59h
Sortearemos ambos premios nas nosas dúas redes: Facebook e Instagram
- 𝐒𝐨𝐫𝐭𝐞𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐫𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥
Fai unha compra entre o 25 de abril e o 4 de maio (superior a 20€, ou suma deste importe) en calquera dos establecementos asociados a COHEMPO.
Cobre o teu ticket con: nome e apelidos + teléfono e deposítao no propio establecemento
Sortearemos 18 prazas para desfrutar de un 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐝𝐞 𝐜𝐞𝐫á𝐦𝐢𝐜𝐚
O martes día 6 de maio anunciaremos as persoas premiadas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
SORTEOS:
- 𝐒𝐨𝐫𝐭𝐞𝐨 𝐑𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬
O sorteo terá lugar o martes 6 de maio de 2025 na sede de COHEMPO (Rúa Sergio Rivera Chao 5-7 B). Sortearanse mediante una app có fín de seleccionar ao azar 2 gañadores de cada unha das nosas redes sociais.
- 𝐒𝐨𝐫𝐭𝐞𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐫𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥
O sorteo terá lugar o martes 6 de maio de 2025 na sede de COHEMPO (Rúa Sergio Rivera Chao 5-7 B). Sacarasen 18 tickets premiados e contactarase cós afortunados. De non poder asistir recorrerase aos reservas.
Para participar no sorteo os tiquets deberán de ter fecha das datas sinaladas anteriormente, e contar con nome e apelidos e un teléfono de contacto. Os tiquets de compra serán entregados aos clientes pola compra nos establecementos participantes na campaña e, unha vez cubertos, deberán ser entregados aos comerciantes. Estes tickets serán depositados o luns 5 de maio na oficina de COHEMPO polos comerciantes para entrar no sorteo que terá lugar o martes 6 de maio.
Non poderán participar neste sorteo os titulares dos negocios e os empleados con tiquets do establecemento ó que pertenecen, pero sí poderán participar cós tickets correspondentes ás compras de outros establecementos asociados.
COHEMPO (Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Empresarios Ponteses) é o Responsable do tratamento dos seus datos persoais e infórmalle que serán tratados de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) e a Lei (É) 1/1982 de protección civil, dereito á honra, intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento:
Fins do tratamento: Campaña Día do Pai coa correspondentes toma de imaxes dos gañadores, así como os seus datos persoais, para a súa posterior publicación na páxina web do Responsable ou nas súas redes sociais e medios de comunicación, co consentimento do representante legal do Interesado.
Criterios de conservación dos datos: Os seus datos conservaranse mentres haxa un interese mutuo para manter o fin do tratamento, cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos.
A participación no sorteo suporá a aceptación das presentes bases.