
ORGANIZA
COHEMPO Tfno 981 451153/694446724
Horario de 9.00 a 14.00h
DURACIÓN
Do 9 de decembro de 2022 ao 6 de xaneiro de 2023.
MODO DE PARTICIPACIÓN PARA CLIENTES
Poderá participar calquera persoa que realice compra ou gasto nos establecementos adscritos á campaña entre o 9 de decembro e o 6 de xaneiro e nos que se cubrirán as papeletas que se lles entregarán ó comprar nos establecementos adheridos a esta campaña.
O cliente poderá identificar ao establecemento participante polo cartel anunciador da campaña, así como nos listado adxunto nestas bases.
O cliente deberá cubrir as papeletas cós seus datos persoais (nome, apelidos e teléfono) xa que estes serán os que nos axuden a contactar có gañador unha vez realizado o sorteo .
Os/as empresarios/as participantes na campaña tamén terán dereito a recibir rifas na súa condición de cliente.
SORTEO
Haberá 8 premios. Datas: mércores 14, 21 e 28 de decembro e mércores 11 de xaneiro. Os sorteos realizaranse os días mencionados ás 09:30 h . Nese momento chamarase ao premiado. De non localizar ao agraciado, nin recibir resposta durante a semana seguinte, procederase a contactar có reserva o día do seguinte sorteo.
Elixiranse 1 reserva por premio.
Só entrarán no sorteo as papeletas adquiridas a través da Asociación.
A Asociación poñerase en contacto cós premiados chamando ó número de teléfono facilitado na papeleta.
PREMIOS
Os premios serán os seguintes:
- 14 de decembro: 2 premios de 300€ cada un
- 21 de decembro: 2 premios de 300€ cada un
- 28 de decembro: 2 premios de 300€ cada un
- 11 de xaneiro: 1 premio de 300€ e 1 premio de 1000€
Para poder ser entregado o premio por parte do ORGANIZADOR, previamente deberá asinar o gañador unha carta de aceptación do premio.
Reclamación do premio:
A Asociación resérvase o dereito a non ter en conta as papeletas que esteñan deterioradas, ilexibles ou conseguidas mediante fraude, roubo o mala fe.
O prazo para a reclamación do premio será dunha semana dende o sorteo. De non aparecer a persoa agraciada, pasarase ao número reserva extraído.
No caso de non aparecer o agraciado dentro dos prazos establecidos a directiva da entidade tomará a decisión que estime oportuna.
Para reclamar o premio a persoa posuidora da rifa deberá de poñerse en contacto coa entidade para concertar horario e proceder á comprobación e anotación dos datos persoais.
O gañador do premio pode rexeitalo asinando a correspondente renuncia pasando o premio ao número reserva.
GASTO DO PREMIO
O/a gañador/a terá ata o día 31 de xaneiro para realizar as compras nos establecementos participantes (independentemente do día no que recibise o premio). Para iso, unha vez feita a verificación daráselle unha lista dos establecementos adscritos e será o mesmo gañador o que leve conta do gasto.
Os premios obxecto da presente campaña en ningún caso poderán ser obxecto de compensación económica a petición do gañador.
Non haberá un gasto máximo por establecemento.
No caso de que se exceda do importe do premio o/a gañador/a pode corrixilo gasto ou aboar a diferenza ao establecemento.
Unha vez feitas as comprobacións o cliente recibirá Vales como medio de pago polos importes anotados e deberá entregalos posteriormente nos establecementos elixidos, momento no que poderá levar os artigos se así o permite o establecemento. Será responsabilidade do establecemento deixar levar os artigos con anterioridade.
Os establecementos que reciban os Vales terán que canxealos na Asociación presentando tamén a correspondente factura a nome da entidade para proceder ao pago.
PUBLICIDADE
Na web www.cohempo.es informarse de todo o relativo coa campaña.
Todos os participantes na campaña (establecementos e gañadores) autorizan que os seus nomes (nome comercial no caso do establecemento ou nome e apelidos no caso do/a gañador/a) sexan publicados nos medios de comunicación (prensa escrita, radio e tv local, web relacionada coa campaña e as correspondentes redes sociais) co fin de divulgar a promoción.
No caso do/a gañador/a a difusión da súa imaxe será autorizada polo/a afectado/a.
TRATAMENTO DOS DATOS
Conforme ó disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (GDPR), consinto que os meus datos sexan tratados baixo a responsabilidade da Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Empresarios Ponteses para as tramitacións oportunas ante as administracións públicas correspondentes para a comunicación dos gañadores e liquidación de impostos, así como para participar no sorteo e enviarme información dos seus produtos e servicios, conservándoos mentres haxa un interese mutuo para elo. No caso de ser gañador do sorteo, autorizo a publicar o meu nome nos medios de comunicación. Doume por informado de que teño dereito a revocar este consentimento en calquera momento e a exercer os dereitos de acceso, rectificación, potabilidade e supresión dos meus datos e os de limitación e oposición ó tratamento dirimíndome ao Edificio Mercado Municipal, 1º 15320 As Pontes (A CORUÑA). Email: cohempo@cohempo.es . Tamén estou informado de que poido reclamar ante a autoridade de control en www.agpd.es.
FISCALIDADE
De conformidade coa normativa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, os premios están suxeitos a retención ou ingreso a conta, en tanto que a súa contía é superior a 300 Euros.
Como consecuencia do anterior, O ORGANIZADOR será o encargado de facerse cargo do ingreso a conta do IRPF derivado do premio de 1000€ (netos)
De igual forma, para poder ser entregado o premio por parte do ORGANIZADOR, previamente deberá asinar o gañador unha carta de aceptación do premio, autorizando ao ORGANIZADOR para efectuar no seu nome a correspondente retención e ingreso a conta a que lles obrigan as disposicións legais vixentes.
Para ese efecto, o gañador deberá facilitar ao ORGANIZADOR , no prazo máximo de 1 día natural desde que sexa requirido para iso, todos os datos persoais e fiscais que este lle solicite, así como fotocopia do DNI, co fin de que O ORGANIZADOR poida levar a cabo o ingreso desta retención, en caso contrario, entenderase que renuncia ao premio.
Todo os anterior ten como fundamento a normativa aplicable á entrega de premios (artigo 101.7 da Lei 35/2006 do 28 de novembro do IRPF, artigos 75.2c, 75.3.f, 99.1 e 105.1 do Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do devandito Imposto).
ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na campaña Merca nas Pontes 2022, implica a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, así como o criterio da entidade organizadora na resolución de calquera conflito que puidera xerar a interpretación das mesmas.
Aqueles participantes que incumpran calquera condición de participación incluída nas presentes bases serán excluídos.
A entidade organizadora terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.
SOBRE AS BASES
A Asociación e os establecementos participantes terán as bases de participación estando a disposición de calquera interesado.
A participación en Merca nas Pontes 2022, obriga ao establecemento adscrito e aos gañadores dos premios ao cumprimento de todas e cada unha das presentes bases.
A Asociación non será responsable dos danos e prexuízos que se deriven da operativa, excepto que os mesmos sexan ocasionados por unha actuación neglixente ou dolosa da Asociación.
A Asociación terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.
COHEMPO agradece a todos os participantes a súa colaboración nesta nova edición.
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES
- Óptica Baamonde
- La Estrella
- La Tienda
- Urbo
- Farmavida
- Severiano
- Don Dino
- Joyería Templo
- Anduriña´s
- O xantar
- Radio Eter
- Calzados Criado
- Xandra
- Peiteados
- Lujo
- Novalux
- Texas
- MAYGE
- Vilaboy
- Óptica Carmela
- Calzados Pajón
- Xoiería Carballeira
- Bouquet
- Motos Rouco
- Ropa´s
- La Artesana
- Entrescosturas
- Ratón Pérez
- Lencería Nubes
- Calzados Saavedra
- La Coto
- La Cottonería
- VL
- Lecar712
- Matojoma
- El Baúl
- Barbol Travel
- Zokos
- Elicio Gómez
- Opticalia
- Montajes As Pontes
- Niza
- Nexo
- VeGavend Autolavado Vending
- Ferretería Marcos