BASES MERCA NAS PONTES 2025
ORGANIZA
COHEMPO Tfno 981 451153/694446724
Horario de 9.00 a 14.00h
DURACIÓN
Do 5 de decembro de 2025 ao 6 de xaneiro de 2026.
MODO DE PARTICIPACIÓN PARA CLIENTES
Poderá participar calquera persoa que realice compra ou gasto nos establecementos adscritos á campaña entre o 5 de decembro e o 6 de xaneiro.
O cliente poderá identificar aos establecementos participantes polo cartel anunciador da campaña, así como no listado adxunto nestas bases.
O cliente deberá cubrir as papeletas do concurso cós seus datos persoais (nome, apelidos e teléfono) xa que estes serán os que nos axuden a contactar có gañador unha vez realizado o sorteo .
Os/as empresarios/as participantes na campaña tamén terán dereito a cubrir as papeletas na súa condición de cliente.
SORTEOS:
- SORTEO VENRES 19 DE DECEMBRO
“SORTEO CHEQUE 300€”
O premio consistirá nun cheque de 300€ para canxear en forma de vales nos comercios adheridos á campaña.
O sorteo do primeiro cheque terá lugar o venres 19 de decembro.
O sorteo terá lugar na oficina de COHEMPO (non presencial) ás 09:30 h. Ao finalizar, chamarase ao premiado. De non localizar ao agraciado, procederase a contactar có reserva o luns día 21 de decembro ás 12h. Sacarase 1 reserva.
De non localizar ao/á agraciado/a na primeira chamada, realizaranse outros dous intentos. Se, no prazo de 3 días non se recibise reposta pasarase a chamar á persoa suplente.
Só entrarán neste sorteo as papeletas correspondentes ás compras realizadas nos establecementos adheridos entre os días 5 de decembro e 6 de xaneiro.
- SORTEOS VENRES 9 DE XANEIRO
“PREMIO ESCAPARATE DE NADAL”
-O premio máis grande da nosa campaña, un escaparate valorado en máis de 6.000€-
Este premio estará formado por un lote de produtos:
- IPHONE 17 PRO MAX 256 GB
- TELEVISOR LG 75´´
- PLAY STATION 5
- BICICLETA ELÉCTRICA E-CITY CONOR
**Os catro produtos forman parte dun único premio, polo que haberá un único premiado
Para participar será preciso realizar unha compra nos establecementos adheridos á campaña e cubrir as papeletas facilitadas polo propio establecemento para o sorteo.
O sorteo celebrarase o venres 9 de xaneiro (anunciaremos a hora e o lugar a través da web e redes sociais de COHEMPO).
Non será preciso que o premiado se atope presente no momento do sorteo, sen embargo, deberá de responder ao teléfono. Se tras varios intentos non se conseguise contactar, pasados 15 minutos pasaríamos ao reserva (sacarase 2 reservas). A Asociación poñerase en contacto cós premiados chamando ó número de teléfono facilitado na papeleta.
A persoa premiada terá unha hora para presentarse e recoller o seu agasallo. Se non puidese asistir persoalmente poderá enviar a unha persoa no seu nome a recoller o premio.
Este sorteo será retransmitido en directo a través das nosas redes sociais.
Só entrarán no sorteo as papeletas adquiridas a través da Asociación por compras realizadas entre os días 5 de decembro e 6 de xaneiro.
“PREMIO CHEQUE 300€”
Un cheque de 300€ para canxear en forma de vales nos comercios adheridos á campaña.
Este será o único premio presencial da campaña.
Para entrar no sorteo, as persoas participantes deberán de estar presentes na data mencionada, 9 de xaneiro, no lugar e hora anunciado, e dispoñer de un tícket de compra (con data do 5 de decembro ao 6 de xaneiro) dos establecementos participantes na campaña.
“PREMIO ESPECIAL APP”
Nesta ocasión, o premio especial da app é un IPAD AIR.
Para participar será preciso realizar unha compra nos establecementos adheridos á campaña e rexistrar o tícket de compra subindo unha fotografía do mesmo á nosa APP COHEMPO (dentro da mesma deberá entrar no apartado “rexistra a túa compra” da campaña Merca nas Pontes.
O sorteo levarase a cabo dende a propia APP o día 7 de xaneiro.
De non localizar ao/á agraciado/a na primeira chamada, realizaranse outros dous intentos. Se, no prazo de 24 horas, non se recibise resposta pasarase a chamar á persoa suplente.
A Asociación poñerase en contacto cós premiados chamando ó número de teléfono facilitado no rexistro da propia APP.
Só entrarán no sorteo os tíckets de compra rexistrados e efectivamente realizadas a través da Asociación por compras entre os días 5 de decembro e 6 de xaneiro.
Sacaranse 2 reservas.
“PREMIOS ROSCONS REIS MAGOS”
Durante as compras dos roscóns realizadas durante os días 5 e 6 de xaneiro de 2026 nas panaderías asociadas, os clientes poderán atopar figuriñas dos nosos osiños. As persoas afortunadas poderán canxear nas panaderías asociadas os seus osiños por un vale de 10€ para canxear nos establecementos adheridos á campaña.
RECLAMACIÓN DO PREMIO
No caso de non aparecer o agraciado dentro dos prazos establecidos a directiva da entidade tomará a decisión que estime oportuna.
Para reclamar o premio a persoa posuidora da papeleta/tícket deberá de poñerse en contacto coa entidade para proceder á comprobación e anotación dos datos persoais.
O gañador do premio pode rexeitalo asinando a correspondente renuncia pasando o premio ao número reserva.
Para poder ser entregado o premio por parte do ORGANIZADOR, previamente deberá asinar o gañador unha carta de aceptación do premio.
No caso dos premios de importe superior a 300€, o premiado deberá asinar previamente unha carta de aceptación do premio, autorizando ao ORGANIZADOR para efectuar no seu nome a correspondente retención e ingreso a conta á que lles obrigan as disposicións legais vixentes.
A Asociación resérvase o dereito a non ter en conta as papeletas que estean deterioradas, ilexibles ou conseguidas mediante fraude, roubo o mala fe, así mesmo cós tíckets rexistrados a través da app.
GASTO DO PREMIO
Cheques agasallo
O/a gañador/a terá ata o día 31 de xaneiro para realizar as compras nos establecementos participantes (independentemente do día no que recibise o premio). Para iso, unha vez feita a verificación daráselle unha lista dos establecementos adscritos e será o mesmo gañador o que leve conta do gasto.
Os premios obxecto da presente campaña en ningún caso poderán ser obxecto de compensación económica a petición do gañador.
Non haberá un gasto máximo por establecemento.
No caso de que se exceda do importe do premio o/a gañador/a pode corrixilo gasto ou aboar a diferenza ao establecemento.
Unha vez feitas as comprobacións o cliente recibirá vales como medio de pago polos importes anotados e deberá entregalos posteriormente nos establecementos elixidos, momento no que poderá levar os artigos se así o permite o establecemento. Será responsabilidade do establecemento deixar levar os artigos con anterioridade.
Os establecementos que reciban os Vales terán que canxealos na Asociación presentando tamén a correspondente factura a nome da entidade para proceder ao pago.
Para poder ser entregado o premio por parte do ORGANIZADOR, previamente deberá asinar o gañador unha carta de aceptación do premio.
Premios materiais
Unha vez feitas as comprobacións o cliente recibirá os agasallos correspondentes.
Para poder ser entregado o premio por parte do ORGANIZADOR, previamente deberá asinar o gañador unha carta de aceptación do premio.
Os regalos procedentes deste sorteo non poderán ser canxeados en ningún momento por outro produto nin por diñeiro en metálico.
PUBLICIDADE
Na web www.cohempo.es informarse de todo o relativo coa campaña.
Todos os participantes na campaña (establecementos e gañadores) autorizan que os seus nomes (nome comercial no caso do establecemento ou nome e apelidos no caso do/a gañador/a) sexan publicados nos medios de comunicación (prensa escrita, radio e tv local, web relacionada coa campaña e as correspondentes redes sociais) co fin de divulgar a promoción.
No caso do/a gañador/a a difusión da súa imaxe será autorizada polo/a afectado/a.
TRATAMENTO DOS DATOS
Conforme ó disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (GDPR), consinto que os meus datos sexan tratados baixo a responsabilidade da Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Empresarios Ponteses para as tramitacións oportunas ante as administracións públicas correspondentes para a comunicación dos gañadores e liquidación de impostos, así como para participar no sorteo e enviarme información dos seus produtos e servicios, conservándoos mentres haxa un interese mutuo para elo. No caso de ser gañador do sorteo, autorizo a publicar o meu nome nos medios de comunicación. Doume por informado de que teño dereito a revocar este consentimento en calquera momento e a exercer os dereitos de acceso, rectificación, potabilidade e supresión dos meus datos e os de limitación e oposición ó tratamento dirimíndome á Rúa Sergio Rivera Chao 5-7 B, 15320 As Pontes (A CORUÑA). Email: cohempo@cohempo.es . Tamén estou informado de que poido reclamar ante a autoridade de control en www.agpd.es.
FISCALIDADE
De conformidade coa normativa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, os premios están suxeitos a retención ou ingreso a conta, en tanto que a súa contía é superior a 300 Euros.
Como consecuencia do anterior, O ORGANIZADOR será o encargado de facerse cargo do ingreso a conta do IRPF derivado dos premios superiores a dito importe.
De igual forma, para poder ser entregado o premio por parte do ORGANIZADOR, previamente deberá asinar o gañador unha carta de aceptación do premio, autorizando ao ORGANIZADOR para efectuar no seu nome a correspondente retención e ingreso a conta a que lles obrigan as disposicións legais vixentes.
Para ese efecto, o gañador deberá facilitar ao ORGANIZADOR , no prazo máximo de 1 día natural desde que sexa requirido para iso, todos os datos persoais e fiscais que este lle solicite, así como fotocopia do DNI, co fin de que O ORGANIZADOR poida levar a cabo o ingreso desta retención, en caso contrario, entenderase que renuncia ao premio.
Todo os anterior ten como fundamento a normativa aplicable á entrega de premios (artigo 101.7 da Lei 35/2006 do 28 de novembro do IRPF, artigos 75.2c, 75.3.f, 99.1 e 105.1 do Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do devandito Imposto).
ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na campaña Merca nas Pontes 2025, implica a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, así como o criterio da entidade organizadora na resolución de calquera conflito que puidera xerar a interpretación das mesmas.
Aqueles participantes que incumpran calquera condición de participación incluída nas presentes bases serán excluídos.
A entidade organizadora terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.
SOBRE AS BASES
A Asociación e os establecementos participantes terán as bases de participación estando a disposición de calquera interesado.
A participación en Merca nas Pontes 2025, obriga ao establecemento adscrito e aos gañadores dos premios ao cumprimento de todas e cada unha das presentes bases.
A Asociación non será responsable dos danos e prexuízos que se deriven da operativa, excepto que os mesmos sexan ocasionados por unha actuación neglixente ou dolosa da Asociación.
A Asociación terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.
COHEMPO agradece a todos os participantes a súa colaboración nesta nova edición.
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES
1 LA ESTRELLA
2 ANDURIÑAS
3 LECAR712
4 MATOJOMA
5 ENTRECOSTURAS
6 ÓPTICA CARMELA
7 NEXO
8 FARMAVIDA
9 LA CASA DE CANDELARIA
10 BEAUTY CENTER
11 NOVALUX
12 LA COTTONERÍA
13 NAUTA
14 VILABOY MODA
15 MARMOLERÍA PONTESA
16 XOIERÍA CARBALLEIRA
17 ASERRÍN
18 ZOKOS
19 ROPA´S
20 DULCE HOGAR GALICIA
21 LENCERÍA NUBES
22 TEXAS
23 PASTELERÍA ARTESANA MARI
24 CALZADOS CRIADO
25 A DESPENSA DO BAÑAL
26 NO PING
27 MAYGE
28 3 LÚAS
29 ELECTRICIDAD ELICIO GÓMEZ
30 OPTICALIA
31 PELUQUERÍA PEITEADOS
32 RAFA VILA JOYERÍAS
33 CALZADOS SAAVEDRA
34 SEVERIANO AGROCOMERCIAL
35 CALZADOS PAJÓN
36 VL MODA
37 LIBRERÍA XANDRA
38 PICARIÑOS
39 ÓPTICA BAAMONDE
40 RADIO ETER
41 URBO
42 NIZA
43 LUJO
44 PANADERÍA HNOS. DÍAZ
45 MOTOS ROUCO
46 FLORISTERÍA LEDICIA
47 FERRETERÍA MARCOS
48 MONTAJES AS PONTES



