Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes fundouse no ano 1.988, ten un ámbito local e un carácter integrador dos empresarios, comerciantes e hostaleiros que voluntariamente soliciten a súa afiliación.

Constitúen os fins desta asociación a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos asociados; fomentando a solidariedade dos afiliados, promocionando e creando servicios comúns de natureza asistencial e organizando unha constante labor formativa e de promoción.

En COHEMPO dispoñemos de distintos convenios beneficiosos para os nosos asociados.

Feira de Primavera | Mercado de Oportunidades

A Asociación de Comerciantes COHEMPO pon en marcha por primeira vez a Feira de Primavera | Mercado de Oportunidades, unha nova iniciativa pensada para dinamizar o comercio local e ofrecer aos negocios unha oportunidade única para promocionar e vender os seus produtos.

Datas do evento
A feira celebrarase os días 23 e 24 de maio.

Ubicación
O evento terá lugar na carpa situada no Colexio de Santa María.

Inscrición para comercios
O prazo de inscrición estará aberto do 20 ao 27 de abril.

Para participar, os comercios interesados deberán:
• Descargar e cubrir o formulario de inscrición dispoñible nesta páxina
• Enviar o formulario debidamente cuberto ao correo electrónico: cohempo@cohempo.es

Información adicional
Para calquera consulta ou máis información, podes contactar coa organización:
• Oficina de COHEMPO
• 694 446 724
• cohempo@cohempo.es

Os establecementos non asociados a COHEMPO tamén poden participar. Para máis información sobre condicións e inscrición, recomendámoslles que se poñan en contacto coa organización.

FESTA DA TORTILLA – AS PONTES 2026

COHEMPO recupera a tradicional Festa da Tortilla Sorpresa do Rego do Muiño, unha celebración gastronómica histórica que forma parte da memoria colectiva da vila e que busca poñer en valor a transmisión interxeracional desta tradición.

Durante o evento, os establecementos hostaleiros ofrecerán pinchos de tortilla con especialidades propias, algúns con premios sorpresa.

Días 22 e 23 de maio

Horarios:
• Venres: 19:30h – 23:00h
• Sábado: 12:00h – 15:00h e 19:30h – 23:00h

Participación:
Aberta a bares, cafeterías, restaurantes e outros locais hostaleiros do municipio de As Pontes.

Inscrición:
• Prazo: do 21 ao 27 de abril de 2026
• Establecementos asociados: gratuíto
• Non asociados: 30 €

Os locais interesados deberán cubrir o formulario de inscrición e envialo a: cohempo@cohempo.es

Máis información:
• Oficina de COHEMPO
• 694 446 724
• cohempo@cohempo.es

NOVAS

FESTA DA TORTILLA – AS PONTES 2026

COHEMPO recupera a tradicional Festa da Tortilla Sorpresa do Rego do Muiño, unha celebración gastronómica histórica que forma parte da memoria colectiva da vila e que busca poñer en valor a transmisión interxeracional desta tradición. Durante o evento, os

Feira de Primavera | Mercado de Oportunidades

A Asociación de Comerciantes COHEMPO pon en marcha por primeira vez a Feira de Primavera | Mercado de Oportunidades, unha nova iniciativa pensada para dinamizar o comercio local e ofrecer aos negocios unha oportunidade única para promocionar e vender

Go to Top