Gañador Día do Pai 2017

O gañador da cesta da campaña de COHEMPO polo Día do Pai , sorteada o día 20 de Marzo, entre máis de 5000 cupóns selados, é:

Juan Carlos Alonso Encinas

Desde COHEMPO quérese agradecer a colaboración a todas as entidades cooperantes e o esforzo dos establecementos participantes para levar a cabo esta iniciativa.

Merca nos establecementos asociados do 13 ó 19 de marzo e entra no sorteo dunha cesta valorada en máis de 1000€:

Calzados Saavedra • Floristería Dayfi • Belleza y Bienestar Isabel Galdo • Deportes Lecar 712 • Xoiería Carballeira • Óptica Carmela • La Tienda-Max Dream • Deko Logas • Calzados Pajón • Ramil Moda Hombre • Zoe Moda • Perfumería Arcas • Hermanos Gabeiras • Matojoma • Texas Moda Joven • Galiorient Bike & Adventure • Óptica Callao • Mesón 7 camiños • Urbo Moda • Nexo Centros Veterinarios • Tres Lúas • Xoiería Bicos • Óptica Cortizas • Clínica Dental Soldent • Tecla Dixital • Saúde Herboristería • Confección e Fogar La Estrella • Despacho Loterías La Bombonería • Mesón O Martínez • Electricidad Elicio Gómez • Floristería Dana • Librería Xandra • Zapatería Zokos • Kaye Zapatería • Joyería Templo • Niza Complementos Vestidor • Óptica Baamonde • Wololot Comunicacións • Cafetería Bahía • Montajes As Pontes • Rubi Detallitos • Ferretería Marcos • Panadería Hermanos Díaz • Floristería Dana • Centro Moda Vilaboy • Restaurante O Xantar • Bistt Moda • Severiano Agrocomercial • Mesturas Xoguetería-Caramelería • Informática Nodo Dixital • VL Moda • Centro Talón

Bases Día do Pai 2017

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes organiza para os seus socios a Campaña Día do Pai 2017.

Ámbito territorial e duración

A campaña do día do PAI 2017 é de ámbito municipal e terá lugar entre o 13 de marzo de 2017 e o 19 de marzo de 2017 (ambos inclusive).

Mecánica de participación

Cada vez que un cliente realice unha compra nun establecemento comercial dos participantes na campaña recibirá unha tarxeta na que cubrirá o seu nome e apelidos e os seu teléfono.

As tarxetas de participación depositaranse debidamente cubertas nos establecementos participantes.

Non serán válidas aquelas tarxetas nas que non se faciliten os datos de contacto.

Premio

Sortearase unha cesta composta por distintos produtos doados polos establecementos participantes en dita campaña.

Sorteo

A Asociación de empresarios e comerciantes realizará o sorteo o luns día 20 de marzo.

Sacarase 1 premio e dous suplentes.

O agraciado será avisado vía telefónica e así mesmo, o seu nome publicarase no Facebook e páxina web de COHEMPO http://www.cohempo.es/

Non se admiten cambios nin devolucións dos produtos que compoñen a cesta.

Publicidade

Na web http://www.cohempo.es/ informarse de todo o relativo á campaña.
Todos os participantes na campaña (establecementos e gañadores) autorizan que os seus nomes (nome comercial no caso do establecemento ou nome e apelidos no caso do/a gañador/a) sexan publicados nos medios de comunicación mencionados có fin de divulgar a promoción. No caso do/a gañador/a a difusión da súa imaxe será autorizada polo/a afectado/a.