A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes fundouse no ano 1.988, ten un ámbito local e un carácter integrador dos empresarios, comerciantes e hostaleiros que voluntariamente soliciten a súa afiliación.

Constitúen os fins desta asociación a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos asociados; fomentando a solidariedade dos afiliados, promocionando e creando servicios comúns de natureza asistencial e organizando unha constante labor formativa e de promoción.

Na actualidade a asociación consta de 110 socios.

Có fin de dinamizar o comercio local pontés, a Asociación ven organizando dende fai anos unha serie de campañas de promoción encamiñadas á promoción das vendas, así como á necesidade de ofertar un valor engadido ós nosos clientes, como son as seguintes:

– Merca nas Pontes
– Día do Pai
– Día da Nai
– San Valentín
– Black Friday

Así como distintas actividades formativas tales como cursos formativos, talleres, networkings, ponencias, seminarios…

En COHEMPO dispoñemos de distintos convenios beneficiosos para os nosos asociados.

Buscando sempre a dinamización do pequeno comercio, favorecer as relacións, a cooperación e a creación de sinerxias entre os nosos asociados tratando de crear unha imaxe de marca, colaborando co desenvolvemento económico e social do noso municipio.